domingo, 8 de mayo de 2016

A SEMENTEIRA

Esta semana as clases de 3 anos comezamos a sementeira, falamos de que é unha semente, vimos diferentes tipos: de cenoria, de leituga, de remolacha, de xirasol, .... e pensamos que é preciso facer para que esa semente medre.
Decidimos plantar leituga e tomates de diferentes tipos, asique o primeiro paso era quitar a semente dos tomates e poñela a secar, unha vez seca, colocamos a terra, a semente e regamos. Agora só queda coidala e regala para que medre moito.